Alfonso Rueda inaugura en Outes a campaña de bonos turísticos da Xunta

OUTES> O vicepresidente da Xunta inaugurou esta mañá en Outes unha nova edición do Bono Turístico. Fíxoo nas Cabaniñas do Bosque, un dos establecementos adheridos a esta campaña, que pretende reactivar o turismo interno en Galicia, especialmente durante a tempada baixa.

Tralo éxito do pasado ano, arranca unha nova edición do Bono turismo que anima ós galegos a quedar na comunidade co fin de potenciar o turismo interno. O vicepresidente da Xunta en funcións dou o pistoletazo de saída a esta campaña en Outes, entregando a unha das usuarias a primeira tarxeta da iniciativa ‘QuedamosenGalicia22’. O lugar elixido foron as Cabaniñas do Bosque, un dos establecementos adheridos ó programa.

O balance da pasada campaña deixa datos moi esperanzadores. Conseguiu inxectar 7’6 millóns de euros ó sector, especialmente nos meses de menor actividade xa que o programa ten por obxectivo desestacionalizar o turismo financiando soamente as estancias en tempada baixa.

Os primeiros beneficiarios das tarxetas xa poderán facer uso delas nas próximas semanas. ó igual que na pasada edición hai tres tipos de bonos: un de 250 euros (100 abonados pola Xunta), outros de 375 dos que a Xunta asume 150 e os de maior contía, 500 euros dos que o goberno galego financia 200.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí