Lousame e Porto do Son beneficiaranse dun novo obradoiro de emprego

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/02/conselleiratraballolousame0206141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/02/conselleiratraballolousame020614.mp4{/flowplayer}

LOUSAME> A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, comunicoulles a ambos alcaldes a concesión.

Lousame e Porto do Son beneficiaranse dun programa formativo conxunto, segundo lle comunicou a conselleira de Traballo e Benestar a ambos alcaldes, María Teresa Villaverde e Luís Oujo. Para executar estes cursos especializados na atención sociosanitaria, na axuda a domicilio e na albanelería, a Xunta investirá preto de 180.000 euros. O programa beneficiará a 20 alumnos e ten o obxectivo de mellorar as posibilidades de acceder a un posto de traballo tras os seis meses de formación. Ambos alcaldes mostraron a súa satisfacción e recalcaron a necesidade de seguir creando cursos deste tipo na comarca. Beatriz Mato, que veu acompañada pola directora xeral de Emprego e Formación, aproveitou para comunicar un novo curso de albanelería para Ribeira, Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal con 22 alumnos e un investimento de 200.000 euros. A conselleira apuntou ademais que, nos próximos meses, vanse poñer en marcha un total de 53 obradoiros por toda Galicia, que contarán cun investimento de máis de 10,2 millóns de euros e beneficiarán a 1.400 persoas.