Inés Monteagudo exerce xa coma nova alcaldesa muradá

MUROS/NOIA> Poucas sorpresas nos concellos das comarcas de Muros e de Noia, onde todo saíu tal e como se agardaba. A maior das incertezas estaba en saber quen ocuparía a alcaldía de Muros. Pero esta vez non houbo sorpresas. As desavinzas entre Partido Socialista e CxG fixeron finalmente alcaldesa a Inés Monteagudo, do Partido Popular, a forza máis votada.

A sesión de investidura foi seguida con gran expectación. Numeroso público ateigou o salón de plenos muradán á espera de ver como se desenvolvían os acontecementos. non fora que volvera a pasar o de 2015, cando un xiro de última hora, fixo que María Xosé Alfonso coa apoios do Partido Socialista fora investida alcaldesa. pero nesta ocasión non foi así. O Partido Socialista votou a súa candidata Caridad González. CxG votou á súa, María Xosé Alfonso, e o BNG abstívose. As contas cadraban e facían rexedora a Inés Monteagudo, do Partido Popular, como forza máis votada.

En Noia tampouco houbo sorpresas e Santiago Freire do Partido Popular foi elixido alcalde, despois de recibir o apoio dos 7 concelleiros da súa formación e dos dous edís do NOIA. no seu discurso mostrou a súa satisfacción polo apoio recibido e tendeu a man á oposición para traballar conxuntamente en beneficio dos veciños da vila.

En Lousame tamén revalidou a alcaldía Teresa Villaverde do PP que volverá a gobernar con maioría absoluta grazas os sete concelleiros.

Tamén Luis Oujo en Porto do Son repetirá por terceiro mandato. Gobernará con maioría absoluta, mentres que en Outes si houbo cambio de alcalde. O novo rexedor será Manuel González de Compromiso Outes que resultou a forza máis votada o pasado 26 de maio.