Benito González optará á reelección como patrón maior de Cambados

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/benito_eleccions_confrarias.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/benito_eleccions_confrarias.mp4{/flowplayer}

     

    CAMBADOS> A poucos días de que peche o prazo para a presentación das candidaturas ás eleccións das confrarías, o proceso estase a desenvolver con normalidade. Pouco a pouco imos coñecendo os patróns maiores que se van presentar á reelección. Hoxe se sumou un nome máis a esta lista: Benito González, patrón de Cambados.

    Coa vista posta nas eleccións do 28 de xuño, o proceso de presentación das candidaturas nas distintas confrarías está a desenvolverse con normalidade. Iso si, non faltan problemas puntuais, que xa deixaron reclamacións nos pósitos de O Grove, Cambados, Carril ou Noia.

    Nalgunhas confrarías, como Aguiño, Ribeira, Carril ou Vilaxoan, veremos caras coñecidas entre os seus candidatos, con patróns que optan á reelección. É o caso de Cambados.

    Benito González destacou a importancia destes comicios, celebrou que haxa participación e recalcou o importante papel que vai xogar a xuventude para o futuro do sector. Por iso asegurou que o equipo que presentará na súa candidatura mesturara xente nova e outra con experiencia.

    O prazo para a presentación das candidaturas permanecerá aberto ata o día 19, cando se fagan públicas as candidaturas definitivas. Os comicios celebraranse o 28, despois dunha semana de campaña electoral.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí