ENCE trasladou á Xunta a súa preocupación pola incerteza sobre o seu futuro

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/rueda_futuro_ence.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/rueda_futuro_ence.mp4{/flowplayer} 

     

    PONTEVEDRA> A incerteza sobre a súa continuidade na ría de Pontevedra preocupa a ENCE. Esta mañá, o vicepresidente da Xunta confirmou que a empresa trasladou ao goberno autonómico esta inquedanza, así como o seu desexo de que a incógnita se despexe canto antes.

    As dúbidas sobre a continuidade de Ence na ría de Pontevedra preocupan á empresa. A pastera incluso trasladou a súa inquedanza á Xunta de Galicia.

    Un futuro que, ata o de agora, é incerto. A solicitude de prórroga permanece en suspenso dende que o Ministerio de Medio Ambiente deu orde de incoar o expediente de caducidade ordenado polo Tribunal Supremo. Polo que, de momento, a concesión na ría de Pontevedra caduca en 2018.

    Neste informe, que aínda non foi solicitado, Rueda recoñeceu que se terá en conta a capacidade de xeración de emprego da factoría.

    A comezos desta semana, ENCE recoñecía que a incerteza sobre o seu futuro levouna a paralizar varias inversións por valor de 45 millóns de euros na factoría de Lourizán.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí