Este próximo sábado disputarase a II Carreira Nocturna de Castiñeiras

RIBEIRA> A proba, organizada polo Club Santa Uxía de Atletismo e a concellería de Deportes, forma parte do Circuíto de Carreiras Populares Concello de Ribeira, e nela xa hai inscritos uns 60 corredores. Por segundo ano, e debido ó éxito da edición anterior, volverá a celebrarse a Carreira Nocturna de Castiñeiras. Terá lugar este sábado a partir das once da noite. A proba está organizada polo departamento de Deportes, o Club Santa Uxía de Atletismo e as Asociacións Redonda Vella, As Miñoteiras, e Asociación de Veciños de Carreira. Terá oito quilómetros de percorrido, mesturando tramos de asfalto con outros de monte, ó que se lle sumará unha dificultade máis co feito de disputarse de noite. Unha das principais novidades desta segunda edición é a realización da Primeira Canicross Parroquia de Castiñeiras, na que xa están inscritas vinte persoas, entre elas, Alejandro Gómez. A pesar de que as zonas da carreira estarán debidamente sinalizadas, os participantes deberán estar equipados cunha lanterna ou cun foco na cabeza xa que a parte intermedia da competición, por monte, non vai ter iluminación exterior. As persoas interesadas en participar na carreira aínda poden facelo, xa que a inscrición continúa aberta, podéndose realizar a través da páxina web municipal www.riveira.es.