Dous feridos graves nun accidente en Outeiro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/accidente_trafico_taragona0407161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/04/accidente_trafico_taragona040716.mp4{/flowplayer} RIANXO> O suceso tiña lugar ó redor das dez da mañá e nel víronse implicados un turismo e unha motocicleta. A colisión tiña lugar ó redor das dez menos cuarto desta mañá, na estrada AC-305, á altura de Outeiro, na parroquia rianxeira de Taragoña. Na mesma víronse implicados un turismo e unha motocicleta. Os dous ocupantes deste último vehículo, condutor e acompañante, veciños de Aragón, un home e unha muller, de 45 e 30 anos respectivamente, resultaron feridos de gravidade, con diversos politraumatismos en brazos e cadeira. Ademais dunha dotación do parque de bombeiros comarcal de Boiro, ata o lugar do sinistro desprazáronse numerosos efectivos de emerxencias, dúas ambulancias medicalizadas do 061 e un helicóptero, que se encargaron de atender ós feridos e trasladalos posteriormente ó Complexo Hospitalario de Santiago. Tamén participaron no operativo Policía Local e Garda Civil de Rianxo, así como Garda Civil de Tráfico, que se encargou da realización do correspondente atestado para determinar as posibles causas do accidente. Durante o tempo no que se atendeu ás vítimas e posteriormente na retirada dos vehículos e limpeza da estrada, ó redor de dúas horas, a circulación estivo regulada por varios axentes.