39 bandeiras azuis ondearán este verán en praias de Arousa e Muros Noia

    VIGO> Os alcaldes dos municipios con areais distinguidos recolléronos esta mañá en Vigo e en poucas semanas estarán izándose nos seus concellos. Sanxenxo, un ano máis, lidera o ranking español con catorce bandeiras azuis en praias, e ocupa o sétimo posto a nivel mundial. Na Ría de Arousa ondearán en praias 35 bandeiras azuis, 11 en Barbanza e 24 no Salnés, das que máis da metade se concentran en Sanxenxo. O municipio repite un ano máis como o concello que máis distintivos logra, 14 para as súas praias e dúas para o Porto Deportivo Juan Carlos I e o Centro de Interpretación As Telleiras. Séguelle o Grove, que logrou renovar os seis ecodistintivos obtidos o ano pasado en areais, e Boiro, de novo o municipio de Barbanza con máis areais distinguidos, seis, aínda que este ano a perdeu en Mañóns e obtívoa a cambio no Piñeirón, en Cado da Cruz. Tras el Ribeira, con tres. A Pobra, A Illa e Vilagarcía empatan con dous areais cada un, salientando en Vilagracía a recuperación da praia do Preguntoiro, mentres que en Muros Noia Porto do Son suma tres e Muros a única para a que presentou candidatura. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/BANDEIRASAZUIS2014.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/BANDEIRAS_AZUIS.mp4 {/flowplayer}