Da Lanzada italiana á do Salnés: dous visitantes buscan a irmandade entre vilas

O GROVE> Irmandade curiosa a que pode xurdir entre O Grove e unha vila italiana chamada Lanzada. Dous veciños do municipio desprazáronse ata o Salnés como representantes do concello italiano para coñecer a zona e establecer relacións amigables. Segundo os visitantes, ao alcalde do Grove gustoulle a proposta.

Esta é a praia da Lanzada, un dos areais máis coñecidos da comarca do Salnés, e nesta imaxes obsérvase a vila da Lanzada en Italia. Entre as dúas hai máis de 2 mil 500 quilómetros de diferencia. Unha está bañada polo atlántico e con vistas as illas de ons e a  outra está situada no norte de Italia con picos na cordilleira do Alpes. Entre as dúas o único que teñen en común é nome, pero dende a vila italiana quixeron que a relación foise máis ampla e se desprazaron ata o Grove para coñecer a zona e falar co alcalde.

Os visitantes descubriron a Lanzada do Grove navegando pola Internet e nun dubidaron en vir a visitala. Aseguran estar impresionados co descubrimento.

A praia da Lanzada e o Grove son moi diferentes a súa vila Lanzada. Situada nos Alpes e con case 1400 habitantes, a súa paisaxe componse de montañas e lagos.

O alcalde da Lanzada italiana está encantado coa idea, e ao ver a ermida da Lanzada, tamén o párroco interésase por esta irmandade.

Os italianos aseguran que ao alcalde do Grove tamén lle gustou a idea.

Segundo os visitantes, os contactos continuarán a principios do ano que ven. Pero dende a súa vila xa comezan a organizar unha viaxe na que visitarán o Grove preto de medio centenar de habitantes da Lanzada Italiana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí