Vilagarcía soará a ritmo de Blues do 18 ao 21 de xullo co Vilablues

VILAGARCÍA> Vilagarcía desvela o cartel do Vilablues. O evento terá lugar do 19 ao 21 de xullo con tres grandes concertos por día. Nesta edición na que predominan os artistas internacionais tamén actuarán o galego Adrián Costa e o cantante local Gonzalo Arca.

Vilagarcía volverá a soar a ritmo de blues. O Concello patrocina o festival Vilablues que terá lugar do 19 ao 21 de xullo. Dende Ravella destacan a repercusión internacional que este evento lle da á localidade.

O festival estará composto de tres concertos por día. O venres terán protagonismo as mulleres con artistas como Tia Carroll e Shirley Davis. O sábado destacan as actuacións de Berna Davison e do galego Adrián Costa e o domingo a banda belga Dog house e o artista da localidade, Gonzalo Arca. Nesta edición darase máis repercusión ao Sould.

Os concertos serán todos gratuítos. Unha aposta do concello para achegar a boa música a tódala veciñanza.

As funcións principais terán lugar na praza da II república. O festival completarase con actuacións polas rúas e diferentes exposicións.