Os peritos continúan investigando as causas do incendio do autobús

    VILAGARCÍA> Aínda se descoñecen as causas que provocaron o incendio do autobús no que viaxaba unha excursión de pequenos do colexio da Sagrada Familia. Os peritos están a traballar sobre os restos do vehículo, que quedou sinistro total despois do suceso. Recordamos que os preto de 50 nenos resultaron ilesos grazas a que foron rapidamente evacuados. Hoxe falamos co condutor do vehículo.

     

    O que puido ser unha traxedia, quedou finalmente nun susto.

    As alarmas saltaron polo forte cheiro a combustible que se comezou a notar no autobús. Por iso, decidiron parar.

    Unha vez fóra da autovía, comezaron a evacuación dos preto de 50 pequenos que regresaban de pasar a mañá no zoo. Os catro profesores e o condutor actuaron de xeito rápido.

    E foi esta actuación a que evitou a traxedia. Cando xa todos estaban fóra, o vehículo comezou a arder.

    Os peritos traballan agora sobre o autobús para argallar cales foron as causas deste incendio, aínda que as hipóteses con máis peso son as dun curtocircuíto ou un sobrequecemento que afectou ao sistema de refrixeración.

    Nas primeiras pesquisas non se atoparon irregularidades. O autobús tiña 11 anos, e aínda lle quedaban 5 de vixencia do permiso de transporte escolar. Ademais, hai pouco que pasara a ITV.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/continuidade_accidente_bus_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/continuidade_accidente_bus_villa.mp4{/flowplayer}