Unha fábrica abandonada verte fuel no monte de Curro

    fuel_100.jpgBARRO> Pasadas as dúas da tarde efectivos do Seprona detectaban un vertido de fuel do que se emprega para a fabricación do conglomerado…

    {flowplayer}images/salnes/vertido_fuel_barro.flv{/flowplayer}

     … asfáltico, nas instalacións dunha empresa abandonada no lugar de Montesequeiros, situada na parroquia de Curro, en Barro. O seu aviso ó servicio de emerxencias puxeron en marcha un operativo anticontaminación que evitou que o chapapote se propagase ó entorno natural. Finalmente o vertido non pasou dos 300 metros cadrados de superficie de extensión e dos tres centímetros de altura.

    Agora a zona esta acordoada cun perímetro de seguridade para evitar posibles futuras manipulacións ou contaminacións.

    Asemade, unha empresa especializada pasará a facerse cargo deste tipo de residuos altamente contaminantes.

    Redacción Salnés