Un dos detidos na desarticulación da rede de estafas é de Pontevedra

    VILAGARCÍA> A comisaría de Vilagarcía tivo un especial protagonismo na desarticulación dunha rede de estafas a través de internet integrada por mozos de curta idade. O subdelegado do goberno en Galicia, Manuel Amejeiras, confirmou que un dos once detidos desta operación pertence a provincia de Pontevedra e que as investigacións continuan abertas.

    A través dunha páxina de internet de  recargas de móviles unha rede de mozos de toda España estafaban ós usuarios que debían dar os datos das súas tarxetas de crédito. As forzas de seguridade desarticulou esta rede integrada por rapaces menores de idade que chegaron a timar arredor de 30.000 euros. Os once detidos nesta operación, un deles da provincia de Pontevedra, tiñan máis interese no momento da sua detención de saber cómo habián chegado ata eles que da pena á que se podían enfrontar. O delegado do goberno en Galicia, Manuel Amejeiras, destacou esta mañá o especial protagonismo da comisaría de Vilagarcía nesta importante operación.

    Redacción Salnés