A Garda Civil de Rianxo detivo a tres mozos da localidade por roubos

RIANXO> Os tres detitos, con iniciais C.P, T.L. e P.P., son os presuntos autores do roubos e destrozos nun establecemento de máquinas expendedoras situadas na zona da Ribeira.

As investigacións realizadas pola Garda Civil de Rianxo remóntanse ó pasado mes de agosto, unha vez que os axentes tiveron coñecemento, a través dunha denuncia, dos desperfectos sufridos nun establecemento de máquinas expendedoras situadas na zona da Ribeira.

Ó parecer os agora prendidos forzaron ata en tres ocasións estas máquinas coa finalidade de substraer toda a súa recadación, causando danos que superan os 2.500 euros.

As imaxes tomadas polas cámaras de seguridade do establecemento foron tamén claves á hora de dar cos autores dos feitos.

Os tres mozos xa foron postos a disposición xudicial nos Xulgados de Padrón, onde se decretou unha orde de alonxamento de vinte metros do lugar no que se sitúan as máquinas. A operación continúa aberta e a Garda Civil non descarta novas detencións.