O Grove recupera as orixes da súa gastronomía do mar

    O GROVE> Recuperar a tradición gastronómica é o obxectivo de dúas xornadas que a vindeira semana acollerá O Grove. Están organizadas polo Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa, e unirán receitas de antes preparadas por cociñeiros de agora.

     

    Hostaleiros mecos cociñando ás ordes da xente do mar para recuperar receitas tradicionais. Esta é a proposta das dúas xornadas de “O Grove kilómetro 0 do mar”.

    O martes 10 será na praia de Meloxo, onde se recreará como cociñaban os tripulantes das dornas de maior tamaño. O venres, en Confín, explicaranse pratos da seca.

    Ás xornadas asistirán tamén os nenos dos colexios do municipio, que se unirán aos maiores da localidade.

    Hostaleiros, xente do mar e veciños en xeral, tamén están convidados a asistir a estas xornadas, coas que O Grove busca manter viva a súa memoria.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/emgrobes_mar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/emgrobes_mar.mp4{/flowplayer}