Expertos universitarios analizarán a versatilidade do Camiño do Salnés

    SALNÉS> A Universidade de Santiago de Compostela desenvolverá este verán en Cambados e Vilanova un curso sobre o Camiño de Santiago no Salnés e a súa transcendencia no eido da comunicación e medio natural. Celebrarase entre o 28 de xullo e o 1 de agosto. Nel expertos universitarios e profesionais dos medios de comunicación avaliarán o Camiño como máis que un ruta de peregrinación: unha senda que comprende medio ambiente e oi seu respecto, que ten unha compoñente espiritual pero tamén cultura e deportiva. O curso consta de 30 horas lectivas e outorgará ós asistentes dous créditos. Hai prazas limitadas, cincuenta, que se cubrirán por orde de matriculación. O custe desta é de cento vinte euros, setenta para estudantes, pensionistas e persoas desempregadas. O prazo para formalizar a matrícula xa está aberto ata o dezaoito de xullo. Pode cubrirse a través da web da USC ou de xeito presencial nas áreas de cultura de calquera dos campus da Universidade.