O concello acolle a presentación do cartel da Festa do Momo

    festa_momocopy.jpgVILANOVA> O acto central do Entroido porá o peche á programación deste ano. Ata o domingo non se coñecerá a identidade do Momo.

    {flowplayer}images/salnes/MOMO_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o concello de Vilanova acolleu a presentación do acto central do seu Entroido, a Festa do Momo.

    O sábado comezarán co Velorio e a inauguración da escultura desta figura emblemática. Ademais, a partir das oito e media da tarde, terá lugar a inauguración da escultura en homenaxe a esta figura do folclore vilanovés situada no paseo marítimo. Ó tempo a escola de Teatro Valle Innova ten preparada unha especial representación teatral cómica, ‘Os cravos de prata’ para amenizar a noite do velorio.

    O gran día, sen dúbida, será o domingo coa celebración da gran festa do Momo que porá o peche ós actos da programación do Entroido deste ano.

    Coma é costume, a carroza desta figura será o eixe central do desfile, aínda que se gardará a súa identidade ata ese día. Ó remate do pasarrúas terá lugar a queima do Momo e dunha sardiña cunha lonxitude de once metros.

     Tanto o sábado coma o domingo haberá sesión de baile a cargo dun grupo musical na praza do concello.

    Redacción Salnés