{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/05/autoridade_portuaria_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/05/autoridade_portuaria_villa.mp4{/flowplayer}
VILAGARCÍA> A liberación do peirao de O Ramal, en Vilagarcía, parece estar máis próxima. Esta mañá, Xunta, Autoridade Portuaria e concello mantiveron un encontro cos consignatarios das naves para escoitar os seus proxectos. A súa intención é trasladarse a uns terreos en Vilaxoán, un trámite que, segundo a secretaria xeral de ordenación do territorio, axilizará a nova Lei do Solo.
A desaparición das naves do peirao de O Ramal parece estar máis próxima. Os seus consignatarios queren instalarse nun terreo da súa propiedade en Vilaxoan. Un trámite que, segundo lles trasladou hoxe a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio, será máis sinxelo coa nova Lei do Solo.
Xunta, Autoridade Portuaria, concello de Vilagarcía e empresarios reuníronse hoxe para camiñar neste sentido. Algo que celebraron os consignatarios das naves de O Ramal.
Coa nova norma, os terreos de Vilaxoan poderán desenvolverse a través dunha modificación puntual do PXOM, que actualmente os contempla como solo urbano non consolidado. Os consignatarios deberán reaxustar o proxecto outorgando unha ordenanza a cada unha das novas naves, para que o concello poida iniciar a tramitación da modificación puntual.
Dende o concello manifestaron o seu apoio á liberación de O Ramal, que permitiría recuperar o peirao para usos que relacionen ao porto coa cidade, pero non gustou que o encontro se celebrara no Porto. Cualificárona como unha descortesía, e recordaron que se trata dunha competencia municipal: é a corporación a que debe aprobar ou non a modificación puntal do PXOM, ademais de decidir elevala ao pleno.