O concello de Muros volve á xornada laboral que establece a lei

    MUROS> Estaban a realizar 35 horas debido a unha modificación do anterior mandato cando están fixadas 37 horas e media. Caridad González quere que no seu concello se garanta o dereito dos veciños e propiciou o cambio que se fará efectivo a partir do 15 de xullo.

    A alcaldesa de Muros, Caridad González, pactou o novo horario do persoal do concello nunha reunión mantida cos representantes dos traballadores. A xornada laboral veuse reducida, no anterior mandato, cando o consistorio decidiu pechar os sábados pero sen ampliar as horas que correspondían no resto dos días da semana. Cando o goberno socialista se fixo cargo da dirección do concello decatouse desta irregularidade no convenio dos traballadores. A modificación era esperada entre os funcionarios e o persoal laboral segundo puntualizou alcaldesa, e o acordo pactouse sen ningún tipo de problema. A partir do próximo mes de xullo, o persoal entrará 15 minutos antes, do horario que actualmente está establecido, e marchará outros 15 minutos despois.