A cultura canina protagonista en Porto do Son

    PORTODOSON> A 70ª Exposición Nacional Canina C.A.C reunirá, na explanada portuaria, 480 exemplares de 120 razas diferentes. Todo apunta a que o sol e as altas temperaturas amenizarán o evento.

    A Sociedade Canina Galega ven celebrando dende hai 14 anos un certame de morfoloxía canina no concello do Son, pero dende o 2005 non se volvera celebrar unha exposición nacional. Nesta cita os cans participantes poden acadar un punto para o campionato de beleza da Real Sociedade Canina de España e desde o concello animan ós veciños a achegarse a contemplar estes exemplares e a pasar unha fin de semana inmellorable na vila. Máis de 400 cans, de diversos puntos da xeografía nacional e internacional, terán cabida neste evento. Para valorar as distintas especies estarán presentes xuíces de recoñecido prestixio. Dentro desta 70 exposición celebraranse dúas monográficas: unha de Perro de Agua Español e outra de American Staffordshire Terrier. O campionato arranca os dous días as 9 da mañá, despois de entregar a documentación correspondente e pasar o control veterinario. As grandes finais terán lugar as catro e media da tarde do sábado e do domingo. Poden consultar máis información sobre o evento na web www.caninagalega.com