San Xoán con pouca sardiña e prezos desorbitados

    MUROSNOIA> Tal e como están os tempos, hai quen opta por comprar a sardiña e conxelala para o día, outros decántanse por peixes máis económicos.

    Pouca sardiña vemos nas peixarías e xa está San Xoán á volta da esquina. Os prezos, cada día máis elevados, non invitan a comprala aínda que sexa parte da tradición. Un prezo, que segundo apuntan as peixeiras da praza de abastos de Porto do Son, subirá aínda máis acadando incluso os valores do ano pasado, 20 e 25 euros o quilo. Un custo que escandaliza as propias vendedoras. Moitos petos non poden permitirse chegar a pagar prezos semellantes, así que buscan fórmulas para poder continuar ca tradición. Hai tamén quen decidiu pasarse á carne na noite das fogueiras. O día das sardiñadas será nesta ocasión máis variado que nunca.