Política Social concede oito novas prazas á Asociación A Misela

NOIA> A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá as instalacións da Asociación A Misela en Noia. Alí destacou o compromiso deste colectivo que leva máis de vintecinco anos traballando pola mellora da autonomía das persoas con discapacidade.

Na visita, a titular de Política Social tivo tempo de coñecer as instalacións da entidade, á que a Xunta lle vén de conceder unha achega para o financiamento de oito novas prazas públicas, que se virán a sumar ás sete que xa existían no centro ocupacional.

A presidenta da Asociación, Mari Carmen Hermida, agradeceu a colaboración da Xunta.

Con este incremento, a asociación contará cun total de 15 prazas públicas para a asistencia das persoas con discapacidade, tanto na atención temperá como na atención diúrna e no desenvolvemento da súa autonomía, cun centro ocupacional que mellora as súas competencias laborais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí