O stand de Ribeira xa está na Feira Internacional Semana Verde de Galicia

    RIBEIRA> O stand turístico promocionará as festas da Dorna e a festa do Percebe.

    Silleda inaugurou hoxe a XXXVII Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se prolongará ata este domingo. Alí está presente dende esta mañá un stand turístico do concello de Ribeira, que xa foi amplamente visitado. Un dos principais obxectivos deste expositor é promocionar as dúas festas máis importantes da vila ribeirense: a XLVI Festa da Dorna (18-24 de xullo) e a XVIII Festa do Percebe de Aguiño (26 e 27 de xullo). Nos 25 metros cadrados que Ribeira dispón no salón Festur, atopamos camisetas e bandeiras dorneiras, un artiluxio para o voo sen motor, unha carrilana, réplicas de embarcacións tradicionais e material promocional entre outros. Ademais, o sábado ás 16:30 o stand barbanzano será centro de todas as miradas ca actuación da peña dos Eskachos. Os visitantes poderán gozar das divertidas letras das cancións de tasca.