Últimos acondicionamentos na piscina de Lousame

    LOUSAME> O concello prevé a apertura da piscina para o próximo mes de xullo.

    Esta semana estanse a acometer diversos traballos de mellora e mantemento nas instalacións da piscina municipal da Silva, de cara á súa apertura ao público coincidindo ca temporada estival. Ademais de pequenas reparacións nas instalacións, durante esta semana estase a cambiar a area dos filtros do vaso da piscina. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, agarda que os traballos estean rematados nos próximos días para que así a piscina poida estar aberta dende principios de xullo ata finais do mes de setembro.