Dous mozos socorren a unha anciá atrapada nun incendio en Noia

NOIA> Un incendio rexistrado onte ó mediodía nunha vivenda da rúa Mazacáñamos, en Noia, obrigou á mobilización dos equipos de emerxencias.

No interior do inmoble atopábase unha anciá, de 92 anos, que puido ser rescatada con vida por dous mozos, antes da chegada dos bombeiros.

Ó parecer o lume orixinouse nunha manta eléctrica, e logo propagouse a un colchón.

Estas dúas persoas que socorreron á anciá atopábanse nun restaurante próximo, e ó escoitar os berros de auxilio, non dubidaron en poñer a súa vida en risco, e socorrer a muller.

Ademais do Grupo de Emerxencias Municipal de Noia, tamén colaborou no operativo unha dotación do parque comarcal de bombeiros de Boiro.

Como se ve nas imaxes, tamén foi fundamental a axuda dos veciños da zona.

A anciá tivo que ser trasladada a un centro hospitalario, aínda que a súa saúde, por fortuna, non corre risco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí