A confraría noiesa sementa 500 mil unidades de ameixa e 300 mil de ostra

    NOIA> A confraría noiesa realizou esta mañá unha nova sementeira de 500 mil unidades de ameixa babosa e fina na zona de Cuncheiro da Misela, así como tamén de 300 mil unidades de ostra en Punta Cabalo Baixo, Boa, O bivalvo procede da propia hatcheri do pósito noiésdestinada a abastecer as necesidades das súas concesións. A confraría noiesa desenvolve habitualmente esta tarefa costume nesta época do ano de cara a manter a elevada produción de marisco para a vindeira campaña extractiva prevista para o outono. Ademais do patrón maior, Santiago Cruz, na sementeira tomaron parte tamén outros membros do cabildo e persoal do pósito, así como tamén os biólogos, tanto do criadeiro do Freixo como da confraría.