Rianxo ampliará o servizo de limpeza nos colexios tamén ás mañás

RIANXO> En Rianxo, o Concello mantivo nas últimas semanas diversos encontros coas direccións e ANPA’s dos centros educativos do municipio de cara a preparar o inicio do curso. Ademais de levar a cabo pequenas obras de mantemento nos colexios, como se viña facendo en anos anteriores,  traballouse na implementación de medidas de seguridade a consecuencia da covid, aumentando tamén o servizo de limpeza e desinfección dos centros, que se realizará de mañá e de tarde.

A isto hai que sumarlle tamén pequenas obras de mantemento realizadas na maioría dos centros educativos do municipio que foron solicitadas dende as propias direccións e ANPA´s.

O alcalde fixo ademais un chamamento ás familias con alumnado no colexio Castelao, o que ten maior volume de nenos, para que, na medida do posible, eviten o uso do vehículo para levar ós nenos ó centro, debido ós problemas de accesibilidade que hai na zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí