{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/12/entregaalimentoscaritasnoia1206141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/12/entregaalimentoscaritasnoia120614.mp4{/flowplayer}
NOIA> A solidariedade dispárase en tempos de crise e mostra de elo viviuse hoxe no concello de Noia. Cáritas recibiu 1.500 quilos de alimentos para os máis necesitados, unha cifra que sorprendeu ós propios organizadores.
Leite, cacao, azucre ou aceite. Foron algúns dos produtos máis doados na Operación Quilo, que se desenvolveu no supermercado Eroski de Noia. Os veciños e veciñas da vila venceron todas as previsións e xuntaron nada máis e nada menos que 1.500 quilos de axuda, en forma de alimentos. Todos os produtos serán repartidos entre os usuarios de Cáritas Un dos obxectivos desta Operación Quilo é sensibilizar á sociedade do problema da fame. O propio supermercado tamén quixo colaborar con esta causa, destinando o 7% do total recadado e apoiando sucesivas iniciativas solidarias. Dende Banco de Alimentos pretenden con estas iniciativas alixeirar os custes das entidades humanitarias, permitíndolles ofrecer outro tipo de axudas ós seus usuarios.