Alfonso Rueda inaugurou unhas xornadas para a protección dos sistemas dunares en Ribeira

    RIBEIRA> O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou esta mañá xunto ca secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde Manuel Ruíz, a Xornada Técnica de Medidas para a protección dos sistemas dunares en Ribeira. No encontro, que se celebrou no Centro de Interpretación do Parque Natural, fixeron un chamamento a tódalas persoas implicadas no proceso para a redacción da nova Lei do Solo.

    O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantou esta mañá que o Goberno galego iniciará este xoves coa Federación Galega de Municipios e Provincias a rolda de contactos para analizar o anteproxecto da nova Lei do Solo coas institucións e colectivos máis representativos e implicados no proceso. Escoitaranse a todos os axentes dende administracións, concellos e cidadáns, para acadar así un texto definitivo. Destacouse a importancia do texto con respecto á autonomía que da ós municipios; polo que se propón que os Plans Xerais das grandes cidades de Galicia non sexan aprobados pola Xunta, senón polo pleno municipal. Tamén se recalcou a importancia da cooperación e colaboración institucional; sobre todo a implicación de todos os concellos e profesionais da reordenación territorial para a redacción da nova Lei do Solo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/xornadatécnicamedidasprotecciónsistemasdunaresribeira2110141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/xornadatécnicamedidasprotecciónsistemasdunaresribeira211014.mp4{/flowplayer}