Mónica Charlín volve á corporación vilanovesa trala dimisión de Julio Varela

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/13/gonzalo_nova_dimision_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/13/gonzalo_nova_dimision_vilanova.mp4{/flowplayer} 

VILANOVA> Novos movementos no goberno local de Vilanova. Esta mañá, o alcalde anunciou a dimisión de Julio Varela. O veterano concelleiro presentou a súa renuncia por motivos de saúde. O seu posto ocuparao outra coñecida do concello, Mónica Charlín.

Despois de 41 anos como concelleiro de Vilanova, Julio Varela presentou o pasado día 11 a súa dimisión.

Varela deixa o seu posto debido a problemas de saúde, que xa hai máis dun ano que non lle permiten participar na actividade do goberno local. A súa substituta será Mónica Charlín, que xa fora concelleira na lexislatura 2003-2007.

Pero a marcha de Varela deixa a parroquia de Tremoedo sen representación no goberno. Tampouco nas listas que concorreron aos pasados comicios quedan máis persoas desa zona.

Segundo Durán, Baños xa levaba un tempo desempeñando este papel. Ademais, deixou entrever que este mozo de 29 anos pasará a formar parte das listas populares para as municipais do vindeiro ano.

Aínda que non poderán asistir aos plenos, Gonzalo Durán asegurou que os labores de Baños serán moi semellantes aos dun concelleiro.