Falece un tetrapléxico nun incendio en Portosín

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/falecidoincendioportosin1407141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/14/falecidoincendioportosin140714.mp4{/flowplayer}

PORTODOSON> Os residentes de Mantoño, en Portosín, séntense consternados tras un incendio que terminou coa vida dun veciño de 43 anos. O falecido pereceu na cama onde se orixinaron as chamas.

Todo apunta a que este veciño de Mantoño quedou durmido cun cigarro prendido. Por desgraza o 061, tras a súa chegada, só puido certificar a súa morte. José Ramón era un veciño moi coñecido no municipio sonense, xa que percorría as estradas coa súa cadeira eléctrica, saudando os que con el se cruzaban e con boas palabras para todos, segundo nos contaban hoxe os seus veciños. Afirman sentirse consternados ante a desgraza que se sucedeu na madrugada do domingo. Foi a nai do falecido, maior e con mobilidade reducida, a que se decatou de que saía fume da habitación. De seguido o pai procedeu a extinguir o lume e deu aviso os veciños máis próximos, pero desgraciadamente non se puido facer nada pola vida de José Ramón. A voceira de Protección Civil de Porto do Son indicou que os veciños se entregaron ás necesidades do matrimonio. Non foi necesaria a intervención dos bombeiros, xa que se extinguiu o lume antes. Non obstante estiveron a Garda Civil, Protección Civil do Son así como o 061.