Porto do Son avanza na posta a disposición dos terreos para o colexio de Portosín

PORTO DO SON> O concello de Porto do Son agarda poder poñer a disposición da Xunta os terreos para o novo colexio de Portosín nun prazo de dous meses. Unha vez executada esta obra, procederase á demolición do actual centro escolar para acometer a rexeneración integral do litoral de Coira.

A vindeira semana, o alcalde de Porto do Son reunirase co xefe da Demarcación de Costas do estado para estudar o borrador do proxecto para a recuperación da contorna da praia de Coira.

A obra contempla a demolición do actual colexio de Portosín, edificado en plena duna, polo que o concello traballa xa na posta a disposición da Consellería de Educación dos terreos que albergarán o novo centro educativo.

Unha vez rematado o novo colexio procederase á demolición do actual, dando o primeiro paso para o un proxecto integral de recuperación desta zona de gran valor paisaxístico e medioambiental.