A FP dual chega á Pousada da Lanzada da man de Deputación, Xunta e Arela Hotels

PONTEVEDRA> A Formación Profesional Dual terá un oco na Pousada da Lanzada. Xunta, Deputación e Arlea Hotels asinaron esta mañá un convenio para pór en marcha tres ciclos formativos no establecemento, que formarán a 45 alumnos en diferentes áreas de Hostalaría e Turismo.

 

Deputación, Xunta e o Grupo Hotusa porán en marcha tres proxectos de Formación Profesional Dual na Pousada da Lanzada.

Os alumnos destes ciclos obterán a titulación de grao superior en Dirección de Cociña, en Servizos en Restauración ou en Xestión de Aloxamentos Turísticos. Cada un contará con 15 prazas, que se poderán solicitar a partires da semana que ven.

Ademais, o grupo Hotusa contratará a partires do vindeiro 1 de xullo a 45 alumnos con contratos de formación durante un ano para traballar en diferentes hoteis do grupo.

Segundo destacou Louzán, este convenio nace do interese do empresario Amancio López en apostar pola hostalería en Galicia.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/13/deputacion_conselleiro_educacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/13/deputacion_conselleiro_educacion.mp4{/flowplayer}