O Culturgal 2014 chegará marcado pola gastronomía e o cobro da entrada

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/16/inauguracion_culturgal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/16/inauguracion_culturgal.mp4{/flowplayer}

     

    PONTEVEDRA> Aínda faltan seis meses para que se celebre o Culturgal, pero a organización xa presentou esta mañá a nova edición con varias novidades. Unha delas é que a gastronomía terá un lugar protagonista na súa relación coas Industrias Culturais; outra, que por primeira vez a feira cobrará unha entrada simbólica para axudar á súa sostibilidade.

    As Industrias Culturais galegas volverán ter o seu espazo en Pontevedra. A sétima edición da feira desenvolverase os días 5, 6 e 7 de decembro, e ven marcada polo importante peso que está a adquirir a gastronomía.

    Outra das novidades é que este ano a entrada será de pago. Iso si, o custo será case simbólico.

    Polo demais, Culturgal mantén este 2014 o espírito de edicións anteriores. Ademais de servir de escaparate para as iniciativas dos creadores, buscar crear sinerxias entre eles.

    Nesta presentación tamén estiveron presentes os dous principais patrocinadores da feira: a Xunta e o concello de Pontevedra.

    Xa está aberto o prazo para solicitar stand e presentar propostas de actividades para este Culturgal 2014. Na feira do ano anterior, o programa contou con máis de 150 actividades, e polo Pazo da Cultura pontevedrés pasaron máis de 14 mil persoas.