Inauguradas as III Xornadas da Fundación Manolo Paz de Arte Contemporáneo

CAMBADOS> Este venres inauguráronse as III Xornadas da Fundación Manolo Paz Arte Contemporáneo. Ao acto celebrado en Quintáns, asistiron numerosos rostros coñecidos da política e da sociedade da provincia, entre os que tamén estivo presente o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez.
A Fundación Manolo Paz acolleu as II Xornadas da Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea. O impresionante recinto de Quintáns, en Cambados, encheuse de numerosos rostros da vida política e social da provincia e da comunidade. No acto, que abre tres xornadas de actividades divulgativas e de lecer ao redor do feito artístico, fíxoselle entrega á xestora cultural e directora durante 20 anos de ARCO, Rosina Gómez Baeza.
O pintor Manolo Moldes, a quen se lle dedica unha mostra conmemorativa e unha mesa redonda nas III Xornadas da Fundación Manolo Paz, e Rosina Gómez Baeza, galardoada co III Recoñecemento da FMPAC, son as figuras referenciais desta cita coa arte contemporánea
Ademais do conselleiro, participaron no acto o artista Manolo Paz, a galardoada desta edición, Rosina Gómez Baeza, o concelleiro de Cultura de Cambados, Victor Caamaño, a directora da Fundación, Julia Escudeiro, e o organizador da xornada, David Barro. Tamén estiveron presentes, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.