A Deputación da Coruña financia a reforma da travesía de Venecia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/05/visitapresidentedeputacionpobra0502151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/05/visitapresidentedeputacionpobra050215.mp4{/flowplayer} POBRA> O presidente da institución provincial procedeu á inauguración das obras levadas a cabo onde se investiron uns 219 mil euros, sufragados con cargo ó Plan DTC93 do organismo provincial. Acompañado do alcalde, Isaac Maceiras, e demais membros do equipo de goberno, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, comprobou de primeira man o resultado das obras levadas a cabo nos últimos meses e que supuxeron a urbanización e o acondicionamento da travesía da rúa Venecia, nas inmediacións da residencia de maiores e o centro de saúde, e onde se sitúa tamén o futuro centro de día. A actuación, cun investimento duns 219 mil euros, foi sufragada con cargo ó Plan DTC93 do organismo provincial. O titular do organismo provincial destacou a importancia destas obras, que sen supoñer un investimento demasiado elevado, vén a dar resposta a unha demanda dos veciños da zona, xa que se trata dun espazo moi concorrido, ó concentrarse nel importantes servizos. Despois de agradecerlle a colaboración prestada nesta obra, o alcalde, Isaac Maceiras, aproveitou a visita para demandarlle ó presidente provincial unha nova actuación, neste caso a mellora da estrada de San Isidro.