Moraña estrea praza do Buelo e senda natural

    MORAÑA> O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, supervisou o resultado de dous proxectos que a consellería do Medio Rural cofinanciou no concello: a mellora da praza do Buelo e a posta en marcha dunha senda natural para a práctica de deporte. No caso da praza do Buelo a actuación consistiu na humanización do espazo, dotándoo de xardíns, mobiliario urbano e infraestruturas adicionais. En canto á senda, trátase dun camiño de dous quilómetros que se habilitou para que os veciños poidan pasear por el, adecuándoo tamén ás necesidades de persoas con mobilidade reducida e dotándoo de maquinas para a práctica de deporte ó aire libre. En total a Xunta investiu mas dúas actuacións 116.000 euros.