As Rías Baixas xa son parte da Ruta Fenicia

PONTEVEDRA> As Rías Baixas xa forman parte da Ruta dos Fenicios. A Deputación asinou esta mañá a “Carta de Jaén”, que recolle o nacemento en España deste itinerario cultural internacional. A súa adhesión foi posible despois dos últimos achados nalgúns dos xacementos da Idade de Ferro, que testemuñan o paso dos fenicios por Galicia.

 

Os restos arqueolóxicos do Castro de A Lanzada e do Monte Castro, en Ribadumia, xunto cos atopados na Punta do Muíño do Vento en Vigo e o Monte Facho, en Cangas, son a testemuña do paso dos fenicios polas Rías Baixas, que agora lle serviron para pasar a formar parte da coñecida como Ruta dos Fenicios.

Con esta adhesión, a Deputación busca valorizar o patrimonio, aproveitándoo como elemento cultural e para crear un novo produto turístico.

A Ruta dos Fenicios está considerada como o Itinerario da Interculturalidade. E é que o seu trazado pasa por 14 países do Mediterráneo e do Atlántico, ademais de pouco menos dun centenar de cidades de orixe fenicia de Europa, Asia e África.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/16/rias_baixas_ruta_fenicios.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/16/rias_baixas_ruta_fenicios.mp4{/flowplayer}