Tan só Cambados e Vilalonga sálvanse dunha mala xornada

futbol250_280909.jpgSALNÉS> Unha de cal e outra de area na Terceira, onde o Vilalonga estreou o seu casilleiro de victorias e o Céltiga perdeu en Ríoseco. Peor foron as cousas na Preferente Sur onde tan só o Cambados puido sumar os tres puntos ante o pechacancelas Nogueira de Ramuín.

{flowplayer}images/salnes/preferente_280909.flv{/flowplayer} 

O Cambados venceu onte ó Nogueira de Ramuín, sen facer nada do outro mundo pero sí amosando unha clara superioridade sobre o seu rival. Ós 18 minutos xa se poñían por diante os de Eduardo Carregal, ó aproveitar Mon un bo centro dende a banda dereita de Cascallar.

Os cambadeses dominaban con claridade e os ourensáns apenas pasaban do medio campo. Antes do descnaso aínda houbo oportunidade de ver dúas ocasións máis por parte dos locais, primeiro nas botas de Melo, e despois nas de Javi Sánchez.

Xa no segundo tempo, ós sete minutos o Nogueira dispuxo da súa mellor e practicamente única oportunidade de gol, que puido ter cambiado o devenir do encontro. Pablo lanzou demasiado cruzado coa porta baleira.

Pouco despois os visitantes quedaban con dez pola rigurosa expulsión de Carlos; un cuarto de hora máis tarde Felipe Castaño collía o mesmo camiño, despois tamén dunha decisión desacertada do colexiado. Dez para dez.

Antes do remate aínda houbo tempo de ver o mellor disparo do encontro,  un misil lanzado practicamente sen ángulo por Javi Sánchez que se estrellou violentamente contra o pau. A cinco para o remate, a sentencia co segundo gol, acadado por Eulogio que viña de sustituir na segunda parte a Melo. Con estes tres puntos o Cambados recupera postos na xeral e sitúase en metade de táboa.

Na segunda posición mantense o Arousa, que onte rendíulle homenaxe nos prolegómenos do encontro a Gustavo César Veloso. Os xogadores de ambos equipos fixéronlle o pasillo ó de Bamio que recibíu diversos agasallos por parte da directiva do club vilagarcián e levouse unha gran ovación dos case 300 afeccionados presentes na Lomba. No partido, o Arousa non puido impoñerse a un Covadonga ben armado que puido levarse a victoria de ter máis acerto de cara o gol (1-1). Os tantos foron ambos de penalti; na primeira metade Camiño adiantaba ó Arousa e mediado o segundo tempo Mojón empataba para os ourensáns.

Mentres en Baltar o Portonovo víu freada a súa escalada na xeral ante o Rápido Bahía, co que caeu por 0-2. Os de Aldán estiveron máis acertados e foron máis combativos durante ós noventa minutos. Miguel, fixo o 0-1 pasado o cuarto de hora e xusto despois do descanso facía o segundo. Pese ós intentos locais de remontada o marcador non se mnovería. 

Por abaixo en zona de descenso quédase o Sanxenxo e ás portas do pozo o Ribadumia. Os de Santi Serantes tras ser goleados polo Barbadás, 6-3, mentres que no Revel o Pontellas levouse os puntos tras gañar por 1-2.

VILALONGA OK; CÉLTIGA K.O.

A boa nova na Terceira foi o triunfo do Vilalonga que estreou o seu casilleiro de victorias na sexta xornada a costa do Bergantiños. Un partido que estivo condicionado pola temprana expulsión do defensa local Rochela. No que foi probablemente o peor partido dos de Gabi Leis en canto a xogo no que vai de liga, souberon traerse os puntos tirando de oficio con goles na segunda metade de Miguel Abal e Miguel Vázquez.

Se o Vilalonga gañou 0-2 o Céltiga perdeu por 2-0 en Ríoseco ante o Narón, un partido no que ós de Pablo Vázquez pasoulles factura o desgaste feito o mércores ante o Lalín. Aguantaron e dominaron na primeira metade pero sucumbiron na segunda cando os locais estiveron máis frescos e acertados.

O Vilalonga é décimocuarto na xeral con cinco puntos mentres que o Céltiga suma oito e é décimo.

Redacción Salnés