Os cadetes do Noia FS proclámanse Campións da Copa de Santiago

NOIA> Este sábado o equipo cadete do Noia Fútbol Sala proclamouse Campión da Copa de Santiago tras vencer á SD Touro nunha disputada final no pavillón de Santa Isabel. Os noieses acudían ó partido con tan só sete dos doce xogadores que compoñen a plantilla. O adestrador, Manolo Seijas, que substituíu a Oscarín por enfermidade, contaba para a final con Iván, Manu Lorenzo, Diego Pérez, Jorge Agraso, Pablo López, Juan Caamaño e David Agraso, completando a convocatoria cos infantís Alvaro e Brais. Tras unha igualada primeira parte na que as ocasións se repartiron en ambas áreas, os noieses chegaban ó descanso co marcador en contra, 0-1. No segundo tempo o Noia FS puido igualar de novo a final con gol de Juan, 1-1. Con este resultado chegouse á tanda de penaltis que decidiría o campión de copa. Un acertado Iván en portería e os goles de Pablo, Diego e Juan daban o título ao Noia FS. Gran tempada do equipo cadete do Noia FS que rematou terceiro no Campionato de Liga e Campión de Copa.