Pleno ó 15 de Amegrove que dominou tamén en Ares e Boiro

SALNÉS> Amegrove continúa imparable e volveu a sumar dúas victorias máis en Ares e Boiro mentres que Vilaxoán e Mecos non completaron a súa mellor fin de semana e cederon un posto na xeral.

Pleno ó 15 para Amegrove que non atopa o seu teito esta temporada. Tras gañar en Ares e Boiro, os de Porto Meloxo quédanse a tan só dúas regatas de completar unha liga enteira invictos, feito que sería histórico. A piques estiveron de claudicar o sábado ante Meira, que ata o último longo igualaba a tempos con Amegrove. A variación de quendas e as condicións climatolóxicas cambiantes favoreceron a igualdade da regata que finalmente se decidíu por tres segundos en favor dos de José Ángel Cambados. Todo volveu á normalidade onte en Boiro cunha victoria máis ampla sobre Chapela, á que aventaxou en 16 segundos. O sábado pódense proclamar matemáticamente campións de liga. Sírvelles incluso ser undécimos.

Complicada foi tamén a fin de semana para Vilaxoán que en Ares perdeu seis puntos con Meira e polo tanto cedeu a cuarta posición da táboa. Os de Gelo Tarrío, foron os máis prexudicados polo cambio de quendas e remataron novenos. Onte, en condicións normais foron mellores que os moañeses e quédanse a tres puntos deles na xeral. Por diante de ambos sitúase Cabo de Cruz, abonado ó terceiro posto.

Tampouco foi unha boa fin de semana para Mecos que cedeu a sexta posición da xeral ante Perillo despois de sumar un séptimo e un oitavo. Quédanse dous puntos por detrás dos de Santa Cristina.

Por abaixo, Rianxo sigue en bo momento de forma e con dous décimos postos recurtoulle tres puntos a Puebla, que fixo un 12º e un 11º.

A fin de semana que ven péchase a competición con dúas regatas: a primeira o sábado pola tarde en Ferrol e a derradeira proba, o domingo pola mañá en Vilagarcía que por segundo ano consecutivo será punto de clausura da Liga.

Redacción Salnés