Adrian Garrido triunfa no Supercross de Vilalonga

supercross250_090609.jpgSANXENXO> O circuito de Arnosa en Vilalonga foi o escenario da segunda proba puntuable para o campeonato galego de supercross. Na categoría raíña, en senior, Adrián Garrido foi o mellor nas dúas mangas e levouse o triunfo.

Gran espectáculo o que se puido ver no circuito de Arnosa, en Vilalonga, que rexistrou unha moi boa entrada para seguir de preto as evolucións do Campionato Galego de Supercross.

Cinco categorías concurrían na competición: alevin, cadete-xuvenil, promocion, senior e veteranos, para un total de 78 participantes. Tralos adestramentos libres e cronometrados na sesión matinal as carreiras quedaron para a tarde.

Na categoría raíña, en senior, o dominio foi total de Adrián Garrido, que marcou os mellores tempos nas dúas sesións preparatorias e se impuxo con autoridade nas dúas mangas disputadas para levarse o triunfo. Por detrás clasificaríanse Miguel De la Rosa e Miguel Méndez. Nesta categoría chegarían as dúas decepcións máis grandes para os pilotos locais. Primeiro en Silvia Rivas, a única muller participante no campionato, que non puido acceder á carreira despois de sufrir un accidente nos cronometrados. Pouco despois, Tomás Basdedios tamén caía cando loitaba polas primeiras prazas xa en carreira. Ambos remataron magullados no hospital aínda que sen consecuencias graves.

No resto das categorías tamén se puido presenciar carreiras moi bonitas, especialmente a dos máis pequenos, os alevíns, que sorprenderon a tódolos presentes coa súa destreza. Rubén Fernández foi o mellor entre eles.

En cadete-xuvenil a victoria foi a parar a mans de Ángel Suárez, que tamén venceu nas dúas mangas que disputou.

En promoción Federico Sanchez impúxose a Óscar Barcia, tras facer un primeiro e un seguindo mentres que en veteranos Santiago Giance retivo a victoria.

A vindeira parada do Autonómico de Supercross será dentro de dúas fins de semana, o día 21 en Randufe, no Concello de Tui.

Redacción Salnés