BOIRO> A segunda carreira-andaina solidaria Jealsa, celebrada o pasado 12 de outubro, en Boiro, organizada pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda, conseguíu recadar uns 9.407 euros a través das inscricións e o dorsal cero.
Unha cifra que evidencia o bo traballo realizado, grazas ó esforzo non só dos participantes que tomaron parte na proba, senón tamén dos distintos colaboradores que axudaron ó bo desenvolvemento da mesma.
A cantidade recadada irá destinada integramente á Fundación Stop Leucemia, entidade que agradeceu enormemente a achega, que lle permitirá poder seguir investigado contra esta enfermidade.
No acto tamén tomou parte o alcalde, José Ramón Romero, que destacou a importancia deste tipo de iniciativas cun marcado carácter solidario.