‘Mil razóns contra as drogas’

    POBRA> Este será o lema da novena edición da campaña Panos Brancos promovida pola Fundación Galega contra o Narcotráfico e que terá lugar este sábado 21 de xuño na localidade pobrense. A novena edición da campaña Panos Brancos contra a droga recalará este ano na Pobra do Caramiñal. A iniciativa, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, foi presentada esta mañá no concello e desenvolverase o próximo sábado, coincidindo co Día Internacional da Loita Contra O Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas. Con ela preténdese sensibilizar á sociedade non só sobre o problema do consumo senón tamén do tráfico de drogas tan presente na nosa comunidade. Dende a Fundación aludiuse tamén a outro tipo de drogas, consideradas brandas, como o alcol, que están a causar verdadeiros estragos entre a poboación, especialmente en idades novas. O alcalde agradeu o importante labor que se está a realizar dende a Fundación, facendo unha chamada de atención a tódolos veciños, non só da Pobra, senón tamén da comarca, a participar nos actos previstos para este sábado a partir das doce, co lema ‘Mil razóns contra as drogas’.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí