O executivo muradán busca fondos para a rehabilitación do Cine París

    MUROS> Actualmente o edificio atópase moi deteriorado, existindo un claro risco de derrube, razón pola cal o concello xa acometeu algún que outro traballo de mantemento. Dende hai tempo o executivo local que preside Caridad González persegue un vello soño de converter o antigo edificio do Cine París en auditorio. Hai varios anos, despois da súa adquisición coma ben municipal, durante a etapa socialista no Goberno Central, comprometéranse 500 mil euros para o financiamento desta obra, que finalmente nunca chegaron ás arcas do concello. Agora o concello pretende recuperalos. O seu avanzado estado de deterioro e o temor a que poida derrubarse fan máis necesaria unha actuación urxente, integral, que o concello por si só, non é quen de levala a cabo debido ó seu elevado custe.