A POBRA> A Pobra será un dos primeiros concellos do Barbanza en estrear o Nadal. Este sábado terá lugar o acto de acendido do alumeado na praza Segundo Durán xunto coa inauguración do belén e un concerto.
A Pobra acenderá este sábado o seu Nadal. Farao ás oito e media da tarde nun acto organizado na praza Alcalde Segundo Durán na que ademais da inauguración do alumeado e do belén, ofrecerase unha chocolatada para tódolos asistentes e animación musical.
O obxectivo desta inauguración, máis madrugadora este Nadal que en anos anteriores, é dinamizar o tecido económico da vila atraendo máis visitantes ás numerosas actividades programadas durante tódalas festas.











