A Deputación da Coruña promove o Estaleiro de Ciprián como referente do turismo industrial da provincia

OUTES> A Deputación da Coruña ratifica o seu compromiso co turismo industrial. O vicepresidente da administración provincial visitou o estaleiro de Ciprián, en Outes, que terá especial presenza na Feira de Turismo Industrial de Barcelona.

O vicepresidente da Deputación da Coruña visitou esta mañá as instalacións do estaleiro de Ciprián en Outes. Xosé Regueira tivo ocasión de coñecer este antigo expoñente da carpintería de ribeira reconvertido en museo grazas á rehabilitación impulsada polo concello.

A intención da Deputación é converter a este espazo museístico na peza central da súa proposta de turismo industrial na Feira B Travel que se celebrará en marzo en Barcelona.

Ademais do turismo industrial, Outes e a súa comarca apostan tamén polo potencial gastronómico da zona. Así, durante a visita tivo lugar tamén unha degustación de conservas de dous produtores locais  co que se busca tamén implicar á  hostalería e restauración ma estratexia de promoción turística.

Todas estas propostas supoñen un valor engadido ós moitos atractivos que xa de por si ofrece a Ría da Estrela ós seus visitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí