O executivo noiés procederá á renovación de luminarias en Boa

    NOIA> A actuación, que incide na mellora da eficiencia enerxética, ascende a máis de cincuenta e oito mil euros. O executivo noiés investirá máis de 58 mil euros na renovación do alumeado público da AC-550 ó seu paso polo núcleo de San Pedro de Boa. A actuación incluirá, ademais das luminarias dispostas ó longo do vial, as instaladas nas distintas rúas interiores do ámbito parroquial. O proxecto contempla a renovación dun total de 150 luminarias. Coa colocación deste tipo de lámpadas o que pretende o goberno local non é máis que reducir o consumo eléctrico anual, ademais de mellorar a eficiencia enerxética.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí