Rosa Quintana prioriza a loita contra o furtivismo e a ‘marteilia’

    RIANXO> A loita contra o furtivismo e a recuperación do berberecho na ría foron as dúas cuestións principais que abordou a Conselleira do Mar durante as súas visitas a Rianxo e Abanqueiro. Todo apunta a que en pouco tempo o berberecho será resistente ao parásito que durante os últimos anos exterminou este bivalvo da Arousa. Enmarcarda nas visitas que o conselleira está facendo coas confrarías e cooperativas do sector, Rosa Quintana volveu ao Barbanza. Fixo unha primeira parada en Rianxo, para visitar a Confraría de Rianxo aquí os membros do pósito fixéronlle chega o que é unha das súas maiores preocupacións, o furtivismo. A este respecto Quintana destacou que desde o ano 2009, as incautacións de produtos pesqueiros a furtivos incrementáronse máis dun 180 por cento. Pero aseguro que non só é unha responsabilidade da administración e dos sector. O que sí chamou a atención da conselleira durante a súa posterior visita á Cooperativa Ría de Arousa de Abanqueiro, en Boiro, neste caso para ben, foi a recuperación do berberecho da ría, despois de chegar a estar practicamente extinguido polo ataque do parásito “marteilia” Asegura que non se poden votar as campás ao aire, que haberá que agardar cómo evoluciona o produto nos próximos meses, pero a situación é moito máis optimista que en temporadas anteriores.