PONTEVEDRA > O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, valorou coma un éxito sen precedentes a primeira presenza do Padroado Tursimo Rias Baixas con stand propio en Fitur, a feira do sector turístico que esta pasada …
…semana se celebrou en Madrid. O stand, formado por 5 mostradores temáticos recibiu a visita de máis de 100 mil persoas, que ademáis de coñecer a oferta turística poideron degustar unha ampla variedade de produtos galegos preparados polos estudiantes da escola de hostalería da provincia. Os contactos profesionais, con touroperadores e axencias de viaxes principalmente, superaron os cincocentos.
Fitur foi a cita elixida por Turismo Rias Baixas para presentar o novo material promocional de cara a este ano 2007, entre o que destaca unha guía sobre a celebración da Semana Santa nos diferentes concellos da provincia. A información máis demandada, como en anteriores ocasións foi a gastronómica, seguida dos recursos termais. Como curiosidade destacou o interés dun touroperador de Zimbawe polas rutas de sendeirismo do Parque Nacional das Illas Atlánticas, mostra da proxección internacional acadada polo stand.
Aposta pola calidade
A aposta por un turismo de calidade deu os seus primeiros froitos coa concesión dun galardón outorgado pola Secretaría de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias, que recoñece o compromiso coa mellora contínua en calidade turística. Polo de agora estase xa a traballar na preparación da próxima cita, a feira do turismo de Londres a finais do vindeiro mes de marzo.
Redacción Salnés